Polinízame e Cómeme!!
Moitos seres pequenos en lugares pequenos facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo
Cando Eduardo Galeano escribíu esta frase de seguro que tamén pensaba neses pequenos seres que son os insectos polinizadores e que grazas á súa incansable labor permiten que a vida se expanda e outros seres vivos poidamos alimentarnos.
Dende hai uns anos está acontecendo un descenso preocupante de polinizadores silvestres o que leva consigo unha falta de biodiversidade e de polinización das plantas coa conseguinte falta de froitos para a fauna silvestre e colleitas para a alimentación humana.
Por este motivo creamos este proxecto chamado "Polinízame e Cómeme" para facer chegar ás escolas a enorme importancia dos polinizadores para o mantemento da vida no noso planeta.
O proxecto consta de dúas actividades independentes pero complementarias.
Estas actividades pódense adaptar tanto a cursos de infantil como de primaria.
Por unha banda está a actividade denominada "A maleta das abellas" que consiste na visita dunha maleta de cristal coas abellas dunha pequena colmea. Nesta visita fálaselle de xeito moi visual e participativo da importancia dos polinizadores na fecundación das flores e na obtención de froitos para a nosa alimentación. Tamén da vida no interior dunha colmea. Ao remate dibuxan no interior dun hexágono nun folio A4 a unha abella facendo aquelo que consideraron máis importante. Con todos os hexágonos componse un mural a modo dunha gran colmea.
Por outra banda está a actividade "Polinízame e cómeme" que inclúe a visita de "A maleta das abellas" a cada curso participante xunto con un obradoiro no que se lles explica como facer un hotel de insectos e unha caixa-niño para paxaros para que constrúan eles mesmos; un hotel e unha caixa-niño por curso.
Estas dúas construcións serán instaladas nunha pequena horta ou maceteiro grande no que entre todos plantaremos plantas comestibles polinizadas por abellas (arandos, framboesas, tomates, aromáticas, etc) e cuios froitos sexan comidos por paxaros ou por nós mesmos.
A actividade "Polinízame e Cómeme" inclúe por cada curso participante, o seguinte:
#A visita de "A matela das abellas": 1 hora.
#Obradoiro de casiñas e explicación da bioloxía dos insectos: 1 hora.
#Plantación e instalación de casiñas con explicación da bioloxía do solo e a conexión de todos os seres vivos (bacterias, fungos, plantas, insectos e animais) no mantemento da vida nos ecosistemas: 2 horas.
Tamén sería posible dar charlas sobre diferentes materias nas que as abellas fan de fío conductor:
Desexo que estas actividades poidan resultar de interese e encaixen no voso proxecto docente e orzamento anual.
Saúdos abelleiros
Xosé Manuel Durán Orús
Telf.: 607947795
Email: acestadasaude@gmail.com