Adopta unha colmea e axuda ás abellas

Para este Nadal, un agasallo especial!! Adopta unha colmea para salvar ás abellas!!!i

"Abellas e Osos" é un proxecto apaixoado dun grupo de apicultor@s galeg@s que buscan facer que as abellas vivan felices en lugares naturais libres de ameazas.

Por iso creamos o proxecto "Adopta unha colmea" para que ti tamén poidas axudar ás abellas e vivir felices e participar con nós nos seus coidados.

Se adoptas unha colmea lograrás que...

1• A túa colmea viva na Alvariza de Zobra nun monte libre e arrodeada de breixos, castiñeiros, toxos e silvas en plena Serra do Candán.

A Alvariza de Zobra foi construída no século XVIII nun lugar moi especial para que as abellas se sentiran moi ben e o oso nun poidera entrar a comerlles o mel.

2• Poderás poñerlle nome e facer un debuxo que poremos na entrada da colmea para que as abellas atopen a súa casiña. A túa colmea adoptada co seu nome e debuxo publicarémolo nas nosas RRSS.

3• Poderás vir visitala e axudar a coidala, e se queres, gozar tamén do seu mel.

Pero se aínda queres axudalas un chisco máis podes dicirnos cal é o teu colexio e nos iremos a él coa Maleta das Abellas a contarlle a todos o importante que son para a polinización das flores e para a vida na Terra.

Adoptar a túa colmea é moi sinxelo, só tes que escribirnos a abellaseosos@gmail.com e nós contactaremos contigo. Tamén podes visitarnos persoalmente en A Cesta da Saúde na rúa Ramón Cabanillas, 10 en Santiago de Compostela ou chamarnos ao 981592595.

Así de sinxelo!!!

Un saúdo moi doce e moita saúde!!!

Ah! E non esquezas tomar un pouquiño de mel todos os días para estar forte e espantar os catarros😉