BIOapicultura
  • Inicio
  • Qué é a BIOpicultura?
  • Programa MENA
    • Programa MENA 2021
  • Blog
  • Bibliografía
  • Contacto
  • Polinízame e cómeme!!
  • Adopta unha colmea

Que saben as abellas de...historia?

9 Sep, 2021, No comments

Dicían os maias que o destino da humanidade e o das abellas está unido, e non lles faltaba razón. Sería por iso que ás abellas lle chamaban "xente".

Sexa cal sexa a cultura antigada da que falemos, todas elas sentíronse fascinadas polo mel máis que polas abellas xa dende que nos adicábamos ás pinturas rupestres. Se a iso lle sumamos a profunda espiritualidade da época xa temos todos os ingredentes para rendirlle culto á nosas amigas aladas e traballadoras incansables, e con razón.

Da mesma maneira que as plantas utilizan o néctar das flores para seducir ás abellas e os doces froitos para seducir aos paxaros, é moi  probable que as abellas aprenderan delas e utilizaran o mel para encandilar aos humanos dende os primeiros tempos da humanidade. A quen lle amarga un doce?
Incluso hai quen afirma que esa fascinación veu polo máis polo hidromel xa que foi a primeira bebida alcohólica da que disfrutamos.

Dende a época das maxestuosas Venus do paleolítico, cando se rendía culto á fertilidade e á Gran Nai da natureza, as abellas foron capaces de convencernos de que o mel tiña unha orixe divina. Así se reflexa en todas as cultural antigas dende Centro America pasando pola India, Oriente Medio, Exipto, Creta, Grecia, Roma...de seguro que así o pensou o macedonio Alexandro Magno cando, caído na súa derradeira batalla, o seu corpo houbo de ser metido en mel para que se conservara ata chegar a casa.

Se as abellas son as encargadas de recoller o mel que cae de ceo e os deuses están no ceo, daquela o mel debe ser o seu alimento; a famosa ambrosía!!! Por ese motivo o mel foi o alimento de Zeus cando era neno e a abella o seu animal protexido.

As lágrimas de Ra convírtense en abellas cando chegan á terra. E así, o mel que os exipcios obtiñan era unha das ofrendas que facían aos seus deuses e as abellas convertíronse nuns seres protexidos que conectaban o mundo dos deuses co dos humanos. Nesut-Bity era o nome dado ao trono de Exipto. Significaba "o da cana e a abella" onde a cana era o símbolo do Alto Exipto e a abella o era do Baixo Exipto. Tanto Exipto como a terra prometida de Canaán eran terras onde manaba o leite e o mel según o Antigo Testamento. 



Pero se houbo algún lugar onde a abella foi elavada aos altares relixiosos e económicos ese foi nunha das sete marabillas do mundo antigo; o Artemisión de Éfeso. Foi tal a dimensión espiritual acadada que a abella Melissa era a patrona da cidade e as moedas acuñadas nesa gran banca do mediterráneo oriental tiñan a abella por unha das súas caras como selo de orixe e garantía divina.



Tamén a igrexa cristiana tomou a colmea como exemplo de vida monacal e a súa cera virxe de abella a luz coa que alumear o mundo. Así é xa que as abellas obreiras que producen a cera non coñecen varón en toda a súa vida. Virxes e abnegadas traballadoras; todo un exemplo de vida...monacal.



Ata Napoleón puxo unha abella na súa vida como emblema persoal. E cando en Notre Dame foi autoproclamado emperador lucía un manto púrpura de 40Kg e 1.500 abellas de ouro seguindo o exemplo de Childerico I, rei dos francos da dinastía dos merovingios para quenes a abella era sagrada e simbolizaba a resurrección e a inmortalidade; por algo fora soterrado en compaña de 300 abellas de ouro!!! 



Hoxe en día, con todos os coñecemos científicos que temos das abellas e do seu traballo, temos que darlles a razón a todos os nosos antepados que con só a súa paciente observación chegaron as mesmas conclusions que nós.

Que saben as abellas de...lingua?

2 Sep, 2021, No comments

Se por linguaxe entendemos a comunicación verbal utilizando a lingua, daquela, só os humanos temos esa habilidade.
Pero antes de mover a lingua debimos mover o corpo tal e como fan outros animais que para copiar aos demais tamén somos moi habilidosos. 
De mover o corpo a danzar hai un paso e esa debeu ser unha das nosas primeiras maneiras de comunicarnos.

A danza é un idioma universal que admite dialectos no canto de idiomas.

Se no mundo animal hai algunha virtuosa bailarina esa é sen lugar a dúbidas a nosa abella doméstica. Movendo rítmicamente a súa cintura -de abella- é capaz de comunicar tantas cousas dun xeito tan simple -sen microchips nin whatsapp nin GPS's- que resulta sorprendente que un animaliño tan pequeno saiba facer cousas tan grandes. 
A unha compañeira de colmea lle podería diría dicir algo así como: cando saías da colmea, toma á esquerda do sol. Atoparás uns 247 obstáculos polo camiño (árbores, posted, casas...). Despois busca unhas flores que olen tan ben como ole o meu corpo agora e non te deteñas ata atopalas.
Colle o néctar antes de que o sol o seque e vente de volta antes da noitiña.

Pois ben, todo isto é capaz de dicilo coa súa mundialmente famosa "danza do oito". Danza que descubríu un observador etólogo austriaco e premio Nobel en 1973;  Karl von Frisch. 


El demostrou que as abellas utilizan o sol como reloxo e a súa luz polarizada como compás para orientarse, como se dun sólarsteinn vikingo se tratara. Pero diso xa falaremos máis adiante.
O interior da colmea parece un gran parladoiro cheo de conversacións entrecruzadas como se estivéramos nunha feira. Moitas son conversacións químicas que transmiten mensaxes  internas para manter con vida ese superorganismo chamado enxame. Son mensaxes parecidas ao que fan as nosas hormanas en nós para conectar os distintos órganos e manternos con vida.
Pero outras son conversacións bailadas que parece aquelo un festival abelleiro de danzas de abdomen. 
As abellas teñen varios danzas no seu repertorio. Hoxe coñecemos cando menos 3. 
Unha é a mencionada "danza do oito" para comunicar a localización dunha fonte de alimento.
Outra é unha especie de "baile de San Vito" que algunhas abellas van realizando mentra andan polo panal con intención de comunicar ás demais que se dirixan á entrada para axudar a descargar a gran cantidade de néctar que está entrando nese momento na colmea.
A terceira coñecida é a "danza da lavandeira" que consiste en poñerse a cabalo dunha compañeira e mover o abdomen como o faría unha lavandeira cando move a cola. Este baile utilízano para reclutar pecoreadoras que vaian buscar o néctar dun gran campo de flores que as exploradoras acaban de atopar. Con el dirían algo así: mira colega, vaite para a pista de baile que alí che dirán onde tes que ir. 
A pista de baile é un lugar concreto da colmea preto da entrada onde as danzarinas obreiras realizan a "danza do oito".

Esta "linguaxe abelleira" é exclusiva das abellas sociais que constrúen panais verticalmente o que lles permíte comunicar a localización das fontes de alimento e de paso realizar á polinización cruzada entre flores da mesma especie, cousa que fan con máis éxito que outras abellas. Non sabemos ben se teñen algunha linguaxe secreta que lles permite comunicarse coas plantas pero o que si sabemos e que a polinización cruzada realizada por insectos tivo un éxito evolutivo de enormes consecuencias para a expansión das plantas con flores por todos os recunchos do noso planeta.

A linguaxe, sexa cal sexa, fai posible a comunicación e esta é necesaria para poder socializarse. Así que non nos cansemos de falar porque faldando enténdese a xente 😉

Que saben as abellas de...matemáticas?

28 Aug, 2021, No comments

As matemáticas non deixan de ser unha ferramenta humana que nos axuda a resolver problemas e coñecer a realidade de xeito apróximado. Sempre aproximado.

Pero as abellas deben utilizar unhas "matemáticas" bastante máis avanzadas e complexas que as nosas porque hai máis de 60 millóns de anos que resolveron un problema que nós aínda non acabamos de resolver de todo.
O problema en cuestión é a "Conxetura de Varro" ou tamén chamada "Conxetura do panal de abellas". 

Transcurría o ano 36 antes de Cristo cando o romano MarcusTerentius Varro reparou nas abellas e caeu no seu encantamento. El propuxo a conxetura seguinte: o teselado hexagonal debe ser a maneira de conseguir dividir unha superficie en rexións de igual área co mínimo perímetro total. Un grego chamado Pappus de Alexandría tamén caeu fascinado e fixouse no maior volume do teselado hexagonal.

Pero demostrar unha conxetura é algo ao que un humano matemático non se pode resistir.

Tiveron que pasar máis de 2.000 anos para que Thomas Callister Hales conseguira demostrar a "Conxetura de Varro" en 1999 e non sen controversia xa que para elo tivo que recurrir a ordenadores potentísimos que tiveron que facer calculos moi complexos.

Pero as abellas estaban ao seu e elas xa sabían dende había millóns de anos cal era a forma que tiña que ter un recipiente para que nel collera o maior volume co mínimo de cera posible que ven sendo o mesmo que se plantexaban Varro e Pappus.

Creo que as abellas buscaban resolver outro problema máis importante aínda e que estaba relacionado co aforro enexético ou aforro de cera, que vén sendo o mesmo.

Xa se sabe que neste planeta só hai unha especie que desparrama enerxía por onde pasa pero as demais formas de vida aforran enerxía ao máximo. Debe ser o máis preciado que hai no Universo.
Ben se sabe que a fabricación de cera polas abellas é algo moi custoso. Tanto que deben consumir máis de 7Kg de mel para facer un só quilo de cera!!!

Pero os humanos seguíamos a voltas coas nosas teimas e no século XVII o Alemán Kepler fixouse no fondo das celiñas e nos rombos que formaban. 
No XVIII o italiano Miraldi chegou a medir os ángulos deses rombos. 

www.naukas.com

Un francés chamado Réamur lanzou un reto aos seus colegas para que calcularan teóricamente eses ángulos que facían o volume máximo. O suizo König foi o primeiro en dar un resultado pero non coincidía co que facían as abellas así que algúns pensaron que as abellas estaban equivocadas. Pero o escocés MacLaurin deulle a razón ás abellas xa que König utilizara unhas tablas logarítmicas con un erro de imprenta. De seguro que as abellas non cometerían tal fallo. O delas é máis ben unha "imprenta" xenética.

Daquela, as abellas evolucionaron tanto que xa non precisan das matemáticas para construir as súas celas, nin falta que lles fai. O segredo estaba no material de construción e nas súas propiedades termoplásticas.
Science Photo Library

Chegado a este punto espero non decepcionarvos se vos digo que as abellas non fan hexágonos, nin rombos, nin miden ángulos, nin utilizan tablas logarítmicas. O que fan son cilindros de cera arredor do seu corpo e unha vez rematados danlle calor ata alcanzar os 43°C. A esta temperatura acontece algo verdadeiramente extraordinario que ten que ver máis coa física e coa natureza de cera que coa xeometría.

A nós non nos queda outra que seguir utilizando as matemáticas como ferramenta de coñecemento dunha natureza que sempre nos sobrepasa.


Que saben as abellas de...sexo?

23 Aug, 2021, No comments

Se por sexo entendemos o intercambio xenético, as abellas son unhas auténticas especialistas. Tanto que lle vai a vida nelo.

Estas pequenas casamenteiras son seducidas polas plantas con perfumes embriagadores, cores chamativas e irresistibles néctares para que as fecunden levando o pole dunha flor ata o ovario doutra flor. Esta encomiable labor fana sempre as abellas femias.
Pero hai unha planta mentireira cuia flor só seduce aos machos sen darlle nada a cambio e un tras outro son enganados para que as fecunden sen ningunha recompensa.

Esta flor é a orquídea abelleira -Ophrys apífera- cuia flor faise pasar por unha abella femia perfumada e colorida. Pero as abellas macho de eucera -que é o seu único polinizador- xa só con iso perden a cabeza e nin recompensa de néctar nin nada; alá van!!! Nese momento de frenesí é cando  Ophrys lle pega na cabeza deste apaixoado zángano o seu polinio para que así transmita a súa fértil mensaxe a outra flor.


Parece que a dominancia dos instintos primarios sobre o cerebro trascende a todas as especies. E a algúns exemplares máis que a outros ;)


Alvariza de Zobra

23 Aug, 2021, No comments

Este ano 2021 reconstruímos e poboamos con abellas esta monumental alvariza en plena Serra da Canda da man do seu propietario Pedro e do veciño Marcos. Un paraiso natural para as abellas!!!

Que saben as abellas de... colaboración?

23 Aug, 2021, No comments
Hai algúns miles de anos que algunha abella silvestre solitaria debeu inventar o concepto de colaboración. Hoxe en día seguen existindo centos de especies de abellas solitarias que son imprescindibles para a polinización de moitas plantas. 

Pero algunha debeu pensar que se quería pasar o inverno quentiña sen hibernar debería xuntar algo de mel. Pero para colleitar 1Kg de mel é preciso visitar máis de 7 millóns de flores!!! e percorrer tanta distancia que daría a volta 3 veces ao planeta Terra!!!. Seguramente douse conta que ela soa non o podería facer pero se buscaba colaboración de outras abellas si que podería.

Así debeu nacer a COLABORACIÓN que fixo posible o nacemento das abellas sociais e con elo un gran salto evolutivo de enormes consecuencias para o noso planeta...xunto con poder gozar tamén do seu mel ;)

Curso de reprodución do apiario de Bioapicultura no CFEA de Sergude

21 Jun, 2021, No comments
Durante os sábados de maio e xuño deste ano 2021 estase a realizar o curso de reprodución do apiario de bioapicultura no CFEA de Sergude.


https://www.google.com/amp/s/www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/somosagro/agricultura/2021/06/21/veinte-apicultores-aprenden-manejo-ecologico-abejas/0003_202106S21C6991.htm

Grazas abellistas por participar ;)

Pesticidasnongrazas

7 Apr, 2020, No comments


Pesticidasnongrazas

As persoas que amamos e cultivamos abellas debemos ser os máis interesados en ter unha natureza saudable e libre de pesticidas. Nelo nos vai a saúde das nosas abellas, a nosa propia saúde e a dos nosos veciños.

Aquí tedes información do que o ser humano está a facer na natureza. Só así seremos conscientes das consecuencias e poderemos actuar.

LOGO_PESTICIDAS_NON_GRAZA

1.- Presentación realizada en Málaga na XI Xornada Malagueña de Apicultura

PESTICIDAS-PRESENTACION MALAGA

2.- A Estación Fitopatolóxica do Areeiro en Lourizan e dependente da Deputación de Pontevedra fumiga eucaliptais con Imidaclorpid e o recomenda

Mansilla-Imidacloprid en eucaliptos

3.- Detectan insecticidas neurotóxicos en froitas e hortalizas. Observade a cantidade de pesticidas que poden conter os alimentos que consumimos con tal de que non cheguen ao LMR (límite máximo de residuos)

Imidacloprid en hortalizas

4.- Presenza de pesticidas nas augas subterraneas da Vega Media do Segura. En 2017 retiran 16 bandeiras azuis das praias do Mar Menor por contaminación agrícola e urbana

Pesticidas en augas subterraneas

5.-Estudo realizado pola Universidade da Coruña nas augas do río Xubia (Ferrol)

Pesticidas en Galicia

6.- Millo da marca Pioneer pildorado con neurotóxicos. Ver no punto 8.- como funcionan os neurotóxicos nas plantas e como chegan ás abellas.

Millo Pioneer+Neurotóxicos

7.- Millo pildorado con tiacloprid e comercializado en España e Galicia.

Millo con tiacloprid

8.- Presentación de como actúa un insecticida sistémico neurotóxico no interior das plantas e como chega ás abellas

Remolacha azucareira KWS

Trasladar núcleos a colmeas

6 Apr, 2020, No comments
No seguinte vídeo imosche explicar como trasladar núcleos seguindo o método de BIOapicultura.



Instalando un apiario de BIOapicultura

5 Apr, 2020, No comments










Curso de Bioapicultura no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude 2019

7 Oct, 2019, No comments


Tema 1 Bioapicultura

Tema 2 Bioapicultura

Enlaces de interese:

  • Decreto 339/2009 de ordenación apícola en Galicia
  • Bee Life. ContraLooby para a defensa das abellas en Europa
  • Microcosmos. Lyn Margulis&Dorion Sagan
  • La trama de la vida. Fritjof Capra
  • Guía de campo de las abejas de España. Curro Molina&Ignasi Bartomeus
  • El libro de las abejas. Ed Blume
  • Dones del cielo. Abeja y miel en el mediterráneo antiguo. Pilar Fernández Uriel
  • Diosas y dioses de la Vieja Europa. Marija Gimbutas

Curso BIOapicultura 2019 en Xeve

7 Sep, 2019, No comments

Este será o terceiro ano de aplicación do Programa MENA de investigación e experimentación en apicultura para evitar tratamentos acaricidas nas colmeas.

Todas aquelas persoas que superen o curso poderán participar no Programa MENA 2019

O Enxame como Ser Vivo

O enxame debe ser considerado un ser vivo no seu conxunto e hai motivos de peso para que así sexa:

  • O enxame destina as 2/3 partes dos seus recursos alimenticios a manter o seu núcleo vital a 35ºC de xeito constante.
  • Mantén unha humidade interna do 50%.
  • A comunicación por feromonas dentro do enxame equivale a unha complexa rede hormonal coa que manter interrelacionados todos os seus órganos.
  • Os panais de cera da cámara de cría son un auténtico órgano do enxame. Calquera sustituto sintético, ben sexan panais de plástico ou cera estampada, traerá consigo un debelitamento do sistema inmune do enxame.
Dende hai algúns anos, as abellas están sufrindo unha situación como nunca se vira antes e a man do home está detrás. Os neurotóxicos e outros pesticidas que envelenan a nosas terras xunto coa velutina e outras pestes introducidas polo home fan que as abellas sucumban ante tales atrocidades medioambientais.
Que podemos facer nós por elas? Todo indica que o modelo de apicultura racional, tamén chamada moderna ou intensiva debe ser repensado.
Manexos e métodos de cultivo que non escoitan ao ENXAME.
O excesivo intervencionismo rompe a homoestase interna do enxame diminuíndo o seu sistema inmune tanto do propio enxame como das abellas, facéndoo máis vulnerable ás crecentes ameazas externas.
É convinte ver ao ENXAME como un todo interrelacionado onde as abellas son células especializadas que se comunican entre si a través dunha complexa rede hormonal máis propia dun mamífero que dun insecto, colaborando entre si para manter con vida ese fascinante superorganismo chamado ENXAME.
Cambiando os nosos manexos e maneiras de entendelas, poderemos axudalas a superar moitas das ameazas que hoxe as asolagan.
A segunda parte do curso de Bioapicultura 2019 terá lugar en Boqueixón.

Días:

  • 7 e 8 de setembro de 2019

Lugar

  • Apiario de Paulino e María Xose en Torrental-Boqueixón.

O que este curso inclúe:

  • As persoas que superen o curso poderán participar no Programa de Investigación e Experimentación en Apicultura (Programa MENA) para poder estar exentas do tratamento anti Varroa.
  • Asesoramento gratuito durante o ano apícola 2019.

Importe

O custo desta 2ª parte do curso son 50€ (formalizando a matrícula antes do 5 de setembro)

Nº máximo: 25 persoas

Solicítanos información sen compromiso a bioapicultura@bioapicultura.org e te informaremos de todos os detalles e novidades sobre o Curso de BIOAPICULTURA 2019.

 

Nova no  Faro de Vigo o 21 de maio de 2018: A Eira da Xoana anuncia un Curso de Bioapicultura para favorecer a cría de abellas.

Nova en Campo Gallego o 8 de marzo de 2017: Manexo de colmeas sen tratamentos, unha apicultura alternativa.

Nova en La Voz de Galicia o 14 de abril de 2017: Os apicultor@s que entenden as abellas doutra maneira.

Formulario de inscrición

PROGRAMA DO CURSO

1)    Plantas e abellas; unha relación simbiótica. Plantas melíferas do entorno e seguimento das súas floracións. Bases fisiolóxicas do néctar e do pole.

2)    Fisioloxía do Enxame. Un superorganismo chamado Enxame. Órganos do enxame. Sistema hormonal do Enxame. Sistemas de comunicacións cara a dentro e cara a fora do enxame. Relación entre a homoestase do enxame e a súa saúde. Machos non tan vagos e a súa importancia na saúde da colmea.

3)    Reproducción natural. Reproducción e ciclo biolóxico do enxame.

4)    Patoloxías do enxame e o seu diagnóstico. Prevención. Momento de intervención.

5)    Técnica MENA de manexo preventivo. Temperatura e Cera; os dous pilares da técnica MENA.

6)    Produtos da Colmea; mel, pole, cera e própole e o seu cultivo natural. Parámetros de calidade e como conservalos.

Horario:

O día 7 de setembro con horario de 11 a 14h e de 16 a 20h. O día 8 de setembro será de 11 a 14h.

Este curso de BioApicultura é impartido por Xosé Manuel Durán Orús

Curriculum vitae

Formulario de inscrición

Galería de imaxes






BIOapicultura 2019 e convivium meleiro en Torrental-Boqueixón

17 May, 2019, No comments

Terá lugar en Torrental-Boqueixón os días 7 e 8 de setembro.

O domingo 8 ás 12 da mañá, coma vén acontecendo dende hai 4 anos, celebraremos unha esmelga popular á cal estades convidadas todas as persoas que queirades disfrutar dun día melífero no que esmelgaremos o mel, explicaremos como as abellas son capaces de facer ese ouro doce da natureza e poderedes metelo dedo para probalo tal como sae do favo. Seguidamente  terá lugar o xantar-convivium abelleiro na Carballeira de Sucira ao pé do río Ulla no que cada quen traerá algo para compartir:


Despois do xantar terá lugar unha xuntanza do gremio labrego de Nonéomesmo.

O sábado día 7 ás 11 da mañá comezaremos a 2ª parte do Curso de Bioapicultura no que visitaremos ás abellas do apiario de María Xosé e Paulino en Torrental e colocaremos os escapes nas colmeas ás que castraremos o mel ao día seguinte. Despois faremos un resumo do que é a Bioapicultura e falaremos dos produtos das abellas e unha cata comentada dos meles de Galicia.

Xantaremos ao pé do río Ulla xunto ás Illas de Gres no que cada quen traerá algo para compartir.



Xa pola tarde, faremos un resumo do Programa Mena e veremos os resultados do ano 2019 nos apiarios en estudo.

Esperámosvos en Torrental-Boqueixón.

A Bioapicultura en Málaga

17 Mar, 2019, No comments

Este ano 2019 fumos convidados a participar na XXI Xornada Malagueña de Apicultura en Antequera.

Nelas presentamos a ponencia sobre a Bioapicultura e o programa MENA.



IX Congreso Nacional de Apicultura. Tenerife 2018

17 Feb, 2019, No comments

Presentación do Programa Mena de Investigación e Experimentación en Apicultura. Comunicación oral presentada o venres 26 de outubro de 2018.

BIOapicultura no IX Congreso Nacional de Apicultura 2018

16 Feb, 2019, No comments
Apicultores gallegos mejoran con éxito la salud de sus abejas.

Curso Bioapicultura 2018 en A Eira da Xoana, Agolada, Pontevedra.

7 Feb, 2019, No comments


Curso de Bioapicultura en Eira da Xoana-Agolada 2018

6 Feb, 2019, No comments

A Eira da Xoana anuncia un Curso de Bioapicultura para favorecer la cría de abellas.


Genomic diversity landscape of the honey bee gut microbiota.

25 Jan, 2019, No comments

Kirsten M. Ellegaard

Philipp Engel

Nature Communications volumen 10 , número de artículo:  446 (2019)

Ver atículo

The role of the gut microbiome in health and disease of adult honey bee workers

21 Apr, 2018, No comments

KasieRaymann, Nancy AMoran

Ver artículo
Load more

Recent Posts

  • Que saben as abellas de...historia?
    9 Sep, 2021
  • Que saben as abellas de...lingua?
    2 Sep, 2021
  • Que saben as abellas de...matemáticas?
    28 Aug, 2021
  • Que saben as abellas de...sexo?
    23 Aug, 2021
  • Alvariza de Zobra
    23 Aug, 2021
  • Que saben as abellas de... colaboración?
    23 Aug, 2021
  • Curso de reprodución do apiario de Bioapicultura no CFEA de Sergude
    21 Jun, 2021
Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.