PROGRAMA MENA 2021
Motivos para buscar unha alternativa aos tratamentos químicos contra a varroa
A utilización de produtos químicos para o contral de varroa e outros parásitos ten efectos negativos para as abellas xa que:
- Provoca a perda de inmunidade natural (1, 12, 13)
- Aumenta a susceptivilidade á toxicidade dos agroquímicos (2)
- Ten efectos sinérxicos con enfermidades e insecticidas químicos procedentes de dentro e de fóra da colmea (2)
- A combinación de varroa cos plaguicidas utilizados en agricultura afectan á capacidade de voo das abellas. (2)
- Aparecen resistencias a acaricidas
Pero as abellas con alto comportamento hixiénico poden convivir con varroa dentro duns límites tolerables que lles permiten ser produtivas e reprodutivas. (3)(4)
Hai que considerar tamén que o manexo que os apicultores facemos nas nosas colmeas e o entorno no que as abellas se desenvolven poden influír na taxa de infestación de varroa e no padecemento de outras doenzas.(5)(6)
MECANISMOS BIOLÓXICOS OU ESTRATEXIAS DE DEFENSA DA ABELLA MELÍFERA
Hoxe en día sábese que algunhas poboacións de abellas mostran mecanismos que lles permiten coexistir sen tratamento acaricida.
Estes mecanismos traballan conxuntamente para reducir outras doenzas infecciosas e manter baixos índices de infestación de varroa.
- Comportamento hixiénico
- Baixa atractividade da cría
- Supresión da reprodución de varroa
- Acicalamento
- Outros
COMPORTAMENTO HIXIÉNICO (VSH: varroa sensitive higiene)
- Rasgo xenético herdable bastante alto e dependente de dous xenes recesivos independentes: "xen u" responsable de detectar a cría enferma e "xen r" responsable de retirala. (7)
- Posúen unha maior sensibilidade olfativa que lles permite detectar a cría parasitada, desoperculala e retirala cara ó exterior.
- Este comportamento é realizado por abellas de mediana idade que aínda non pecorean
SUPRESIÓN DE REPRODUCIÓN DE VARROA (SMR: suppresion of mite reproduction)
- Rasgo xenético herdable por vía materna ao estar vinculado co ADN mitocondrial. (8)
BAIXA ATRACTIVIDADE DA CRÍA
- Mecanismo de inmunidade social aínda non coñecido en profundidade pero que otorga inmunidade á cría resultando menos parasitada por varroa (9).
APLICACIÓN DESTES RESULTADOS AO PROGRAMA MENA 2021
Para que estos caracteres herdables se expresen é preciso cambiar as técnicas de manexo e evitar os tratamento químicos contra varroa. (10)
Os programas MENA dos últimos 4 anos permitiron detectar 3 poboaciones de abellas resistentes a varroa nos concellos de Quiroga, Nogueira de Muñiz e Santiago de Compostela. Estas poboacións permaneceron con baixos índices de infestación durante os 3 últimos ano sen necesidade de tratamentos químicos.
Un dos propósitos do programa MENA 2021 é manter e reproducir estas poboacións para comprobrar estas características na súa descendencia.
BIBLIOGRAFÍA
1.- Akinwande, K., Badejo, M., Ogbagu, S. (2014) Hygienic behavioural mechanism of resistance to diseases and parasites in west african honey bee colonies Apis mellifera adansonii. International Journal of Entomology Research 2(2), 73-79
2.- Blanken, L., Van Langevelde, F., and Van Dooremalen, C. (2015) Interaction between Varroa destructor and imidacloprid reduces flight capacity of honeybees. London UK: Royal Society B.
3.- Vaziritabar, S., Aghamirkarimi, A., Mehdi, S. (2016) Evaluation of defensive behovior in two honeybee races Iranian honeybee and Carnolian honeybee and grooming behavior of different bee races in controlling Varroa mite in honeybee. Journal of Entomology and Zoology Studies 4(5), 586-602
4.- Coelho, F., Santos, J. and Bliman, P. (2015) Behavioral modulation of the coexistence between Apis mellifera and varroa destructor. A defense against colony collapse?. Peer J. PrePrints, 17(3), 39-44
5.- Giacobino, A., Bulacio, C., Merke, J., Orellano, E., Bentozzi, E., Masciangelo, G., et al. (2014) Risk factors associated with the presence of Varroa destructor in honeybee colonies from east-central Argentina. Prev. Vet. Med. 115(1), 280-287
6.- Beaurepaire, A.L., Truong, T.A., Fajardo, A.C., Dinh, T.Q., Cervancia, C. e Moritz, R.F.A. (2015) Host specificity in the honeybee parasitic mite, varroa spp. in Apis mellifera and Apis cerana PLOS ONE 10(2), 33-40
7.- Harbo, J.R., Harris, J.W., (1999) Heritability in honey bees of characteristics associated with resistance to Varroa jacobsoni. Journal of Economic Entomology 92(2). 261-265
8.- Mondet, F., Parejo, M., et al. (2020) Evaluation of suppressed mite reproduction (SMR) reveals pontencial for varroa resistence in European honey bees. Insects. Sep. 11(9), 595
9.- Harwood, G., Fretak, D. (2019) The role of vitellogenin in the transfer of inmune elicitors from gut to hypopharyngeal glands in honey bees Apis mellifera. Journal of Insect Phisiology Vol 112, 90-100
10.- Büchler, R., Andonov, S., Bienefeld, K., Costa, C., Hatjina, F., Kezic, N., et al. (2013) Standar methods for rearing and slection of apis mellifera queens. Journal of Apicultural Research, 52(3), 1-30
11.- Lin, Z., Page, P., Li, L., Qin, Y., Zhang, Y., Hu, F., et al. (2016) Go east for better honey bee health: Apis cerana is faster at hygienic behavior than Apis mellifera. Plos One, 11(1), 100-107
12.- In-Hive acaricides alter biochemical and morphological indicators of honey bee nutrition, immunity and development. Journal of Insect Science, Volume 18, Issue 5, September 2018, 8.
13.-