Apicultura fármacodependente🤔?
Farta de botarlle pesticidas ás abellas e alimentalas con pensos artificiais?
Outra apicultura é posible e necesaria.
Este ano 2023 a Asociación MENA vai participar no proxecto de investigación ECOAPI en colaboración coa Universidade do País Vasco e a Asociación ERBEL coa fin de determinar as consecuencias do uso de acaricidas e a contaminación do entorno na flora intestinal das abellas e consecuentemente no seu sistema inmune e posterior debelitamento. Tamén determinaremos como o manexo e a xenética poden axudar ás abellas a valerse por se mesmas e reducir así o uso de acaricidas e pensos artificiais.
Imos realizar 3 xornadas totalmente prácticas de como determinar cales abellas do noso apiario serían capaces de valerse por si mesmas para despois reproducilas e facerlle seguimento á súa descendencia.
Se che interesa asistir, envía un whatsapp ao 607947795 e recibirás toda a información.