Que queres ser, abella ou oso?
"Abellas e Osos" é un proxecto apaixoado dun grupo de abelleiros que buscan facer que as abellas vivan felices en lugares naturais libres de ameazas.
Se decides ser ¨abella¨ deberás axudar a coidar dunha colmea para que viva na Alvariza de Zobra nun monte libre de contaminación e arrodeada de breixos, sanguiños, castiñeiros, toxos e silvas en plena Serra do Candán.
A Alvariza de Zobra foi construída no século XVIII nun lugar moi especial para que as abellas se sentiran mellor e o oso nun poidera entrar a comerlles o mel.

1• Poderás poñerlle nome e facer un debuxo que poremos na entrada da colmea para que as abellas atopen a súa casiña. A túa colmea co seu nome e debuxo publicarémolo nas nosas RRSS.
2• Poderás vir visitala e axudar a coidala, e se queres, gozar tamén do seu mel con 1 quilo de mel...de balde!!
Pero se aínda queres axudalas un chisco máis podes dicirnos cal é o teu colexio e nos iremos a el coa Maleta das Abellas a contarlle a todos o importante que son para a polinización das flores e para a vida na Terra.
Ser ¨abella¨ é moi sinxelo. Só tes que escribirnos a abellaseosos@gmail.com e nós contactaremos contigo. Tamén podes visitarnos persoalmente en A Cesta da Saúde na rúa Fernando III nº 20 en Santiago de Compostela ou chamarnos ao 981592595.
Se decides ser ¨oso¨, daquela só poderás disfrutar do mel da colmea que quiras
Así de sinxelo!!!
Un saúdo moi doce e moita saúde!!!
Ah! E non esquezas tomar un pouquiño de mel todos os días para estar forte e espantar os catarros😉