Un dos grandes retos de todo afeccionado ou profesional da apicultura é poder garantir la sanidade das suas colmeas, condición indispensable para a sua supervivencia e productividade.
A apicultura convencional aplica distintos métodos de control de enfermidades, cada vez menos efectivos, que crean resistencia e debilitan ás abellas. Da necesidade de mellorar o control sanitario das colmeas dun xeito efectivo e respetuoso coa natureza, nace o Programa MENA de Investigación e Experimentación en Apicultura.
Este programa pretende dilucidar se determinadas condicións de habitabilidade no interior das colmeas, poden axudar a que a incidencia de varroa poda ser controlada polas propias abellas por debaixo dun umbral límite, o cal permite a supervivencia do enxame sen necesidade de tratamentos acaricidas¹.
Estas condicións de habitabilidade, actualmente en estudio son:
- Reducir o número de intervencións no interior da colmea con fin de non alterar a homeostase do enxame.
- Dispor os cadros da colmea en “disposición quente”; ou sexa, paralelos á entrada da colmea a fin de favorecer unha máis alta temperatura no núcleo vital do enxame e un mellor control da humidade interna por parte das propias abellas.
- Reducir o tamaño da entrada da colmea para que as abellas poidan autorregular mellor as súas condicións de habitabilidade.
- Redución da distancia entre cadros do niño de cría mediante a inclusión dun cuadro adicional.
Neste ano 2025 reproduciremos aquelas nais das colmeas que demostraron sobrevivir sen tratamentos nas condicións da colmea MENA seguindo a práctica da Bioapicultura.
PROGRAMAS MENA
Resultados Programa MENA 2017.
Resultados Programa MENA 2018.
Resultados Programa MENA 2019: colmear 1, colmear 2, colmear 3, colmear 4, colmear 5, colmear 6
1. A suspensión temporal dos tratamentos acaricidas está contemplada na ORDEN APA/735/2008, do 14 de marzo, pola que se modifica o anexo II do Real Decreto 608/2006, de 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa Nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.