Alvariza de Zobra
Unha alfaia habitada e ben conservada. Porque non hai mellor que darlle uso ao noso patrimonio para conservalo con vida.
Dende o ano 2021 repoboamos a alvariza de Zobra da man do seu propietario Pedro Acevedo quen colabora apaixoadamente neste proxceto de recuperación do noso patrimonio apícola. Unha alfaia que data do século XVIII construida en pedra seguindo os estándares construtivos das demais alvariza da Serra do Candán fomentadas polo Mosteiro de Aciveiro dende a época cisterciense cuxo principal obxectivo era darlle acubillo ás abellas e protexelas dos osos.
Hoxe xa non hai osos, lamentablemente, pero a pedra crea un microclima moi confortable para as abellas.